
Pacto tenebroso
Sleep, my Love
Claudette Colbert, Robert Cummings, Don Ameche
- 109 minutos
Unha muller, Alison Courtland, esperta nun tren que viaxa de Nova York a Boston. Alison non lembra que subira ao tren e ademais atopa, con sorpresa, unha pistola no bolso. Cando chama o seu home, Richard, el infórmaa de que denunciou a súa desaparición á policía. Na viaxe coñece un home, Bruce Elcott, co que establece unha relación inmediata de confianza. Thriller psicolóxico de ambiente abafante baseado nunha narración de Leo Rosten e baixo a produción da mítica Mary Pickford, moi coidado na parte formal e con elementos recorrentes na obra de Sirk.
- Ano:1948
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: St. Clair McKelway, Decla Dunning, Cy Endfield, Leo Rosten; novela Leo Rosten
- Fotografía: Joseph A. Valentine
- Produtora(s): United Artists