
Jean-Claude Rousseau. A luz reflectida a través das cousas
Do 27 de maio de 2021 ao 28 de maio de 2021
Entre 1983 e 1995, Jean-Claude Rousseau (París, 1950) realizou cinco películas en Super-8, onde asimilou con radicalidade as propiedades do formato para imprimir unha sensualidade ascética á filmación, á sonorización e á ensamblaxe dos seus cartuchos Kodachrome. Nestas pezas, en que respecta sempre a integridade da bobina tal e como foi filmada, a modo de unidade métrica, o cineasta procura o encontro cunha visión tan imprevista como transformadora. Primeira mostra integral das películas en Super-8 de Rousseau, un ciclo itinerante organizado por varias institucións especializadas. Viaxaremos da travesía sensorial por Roma de Les Antiquités de Rome (1983-1989) aos espazos de Petrarca de La Vallée Close (1985-1995) nunha exquisita, íntima e lírica proposta. O ciclo contará coa presenza do autor e dos comisarios (Carlos Saldaña e Francisco Algarín).
Agradecementos: Jean-Claude Rousseau, Francisco Algarín, Carlos Saldaña.

La Vallée close

Venise n'existe pas

Keep in Touch

Jeune femme à sa fenêtre lisant une lettre
