La Vallée close
- 144 minutos
A estrutura desta película de Rousseau aparece inspirada na sextina, a estrofa poética máis difícil para os poetas da Baixa Idade Media e do Renacemento, e o relato que orbita arredor dos bloques de imaxes e sons que a conforman podería ser equiparable ao dunha grande historia de amor, como a de Laura e Petrarca. Filmada durante once anos de visitas a Fontaine-de-Vaucluse, xustamente onde residiu e escribir parte da súa obra Petrarca, consuma o sistema xeométrico-erótico da obra de Rousseau. O cineasta agrupa as sete bobinas en 12 leccións de xeografía.
-
Jean-Claude Rousseau. A luz reflectida a través das cousas
La Vallée close
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Presentación e coloquio con Jean-Claude Rousseau, Francisco Algarín e Carlos Saldaña. Entrada de balde.
- Ano:1985-1995
- Países de produción: Francia
- Guión: Jean-Claude Rousseau
- Fotografía: Jean-Claude Rousseau
- Produtora(s): Rousseau Film Production