
Lumière, ¡comienza la aventura!
Lumière
- 90 minutos
En 1895, os irmáns Lumière inventaron o cinematógrafo e cambiaron a arte e a industria do século XX. O documental, dirixido por Thierry Frémaux, director do Festival de Cannes e do Instituto Lumière de Lyon, ofrece unha escolma de 108 películas restauradas que mostran unha viaxe ás orixes do cinema (obreiros saíndo da fábrica, trens que chegan á estación, lugares, prazas, rúas, botaduras de barcos,…). Son unha ollada única sobre a sétima arte e o mundo que inaugura o século XX. Filme homenaxe aos inicios do cinema, festivo, histórico e moi didáctico. Recomendada a partir dos 10 anos.
-
Filmoteca Júnior
Lumière, ¡comienza la aventura!
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.[+10]
- Ano:2016
- Países de produción: Francia
- Guión: Thierry Frémaux
- Montaxe: Thomas Valette, Thierry Frémaux
- Produtora(s): CNC