
Mi vecino Totoro
Tonari No Totoro
- 86 minutos
Mei e Satsuki son dúas irmás que se mudan con seu pai a vivir a unha cabana no campo. Un día, por casualidade, a máis pequena descobre a existencia dos totoros: espíritos gardiáns do bosque que só os nenos de corazón puro son capaces de ver. Xunto a estas criaturas e o gatobús, Mei e a súa irmá descubrirán o valor da amizade, do amor e da familia nunha marabillosa e inesquecible aventura que as levará máis alá da súa imaxinación. Terceira película de Hayao Miyazaki realizada no estudio Ghibli que se estreou en 1988 en Xapón e axiña se converteu nun auténtico fenómeno cultural. Recomendada a partir dos 5 anos.
- Ano:1988
- Países de produción: Xapón
- Guión: Hayao Miyazaki
- Produtora(s): Studio Ghibli, Tokuma-Shoten, Nibakiri