Fine Feathers
Lois Weber, Philips Smalley, Charles De Forrest
- 15 minutos
Arthur Vaughn, un mozo artista en ascenso, entra nunha zapataría onde ve a Mira, a filla do artesán. O artista ofrece traballo no seu estudio a Mira e ela acepta. Os retratos que lle fai son obras mestras e decontado consolidan a reputación do pintor. Nunha exposición da Art League, as obras chaman a atención do presidente, Beyer, que sente curiosidade por coñecer a modelo. Xorde a posibilidade dun triángulo amoroso.
- Ano:1912
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Lois Weber
- Produtora(s): Rex Motion Picture Company