
Sinais en Curto
- 56 minutos
Sinais en curto, sección na que recollemos unha selección de traballos galegos recentes na liña do espírito do festival, desdóbrase este ano en dous: por unha banda teremos a nosa habitual sesión en sala con coloquio posterior; pola outra, creamos unha serie de programas especiais en liña, un por cada cineasta convocado na escolma, nos que poderemos descubrir un pouco máis a fondo o traballo e as inquedanzas de cada un deles, e nos que teremos ocasión de ver pezas extra alén das incluídas na selección en sala.
Pons Minea (Alberte Pagán, 2020)
Miña nai (cintaadhesiva) (Area Erina, 2016)
Unidade veciñal (Tono Mejuto, 2020)
A vella e o deserto (Lara e Noa Castro, 2019)
Alí sentíame eterna (Aldara Pagán, 2020)
Marcas (Aldara Pagán, 2020)
-
(S8) Mostra de Cinema Periférico
Sinais en Curto
Entrada de balde (reserva previa de entradas en https://s8cinema.com/)
- Países de produción: España