'49-'17
Joseph W. Girard, Leo Pierson
- 70 minutos
Un western autorreflexivo que propón unha trama a modo de representación ou metanarración a flutuar entre dúas épocas, os anos aludidos no título, 1849 e 1917. Un antigo home de acción do Oeste, o xuíz Brand, non esqueceu as súas raíces como buscador de ouro e un día decide regresar á terra onde viviu as súas aventuras de xuventude para pasar os últimos anos da súa vida. Un dos seus axudantes encargará a unha troupe de feira que habilite os mesmos lugares onde o xuíz encontrou o ouro que o fixo rico.
- Ano:1917
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Ruth Ann Baldwin
- Fotografía: Stephen S. Norton
- Produtora(s): Universal Film Manufacturing Company