Pull My Daisy
Pull My Daisy
Allen Ginsberg, Gregory Corso, Larry Rivers, Peter Orlovsky, David Amram, Delphine Seyrig, Denise Parker
- 30 minutos
En Pull My Daisy (1959), realizada en colaboración co pintor Alfred Leslie, e interpretada polos seus amigos Peter Oslovsly, Allen Ginsberg, Gregory Corso, Delphine Seyrig, e outros, e polo seu fillo Pablo, [Robert Frank] inspírase, como armazón narrativa, no terceiro acto de The Beat Generation, unha obra non montada do seu amigo Jack Kerouac. Consegue realizar unha emocionante documentación espontánea sobre a xeración beat e mostrar todos os comportamentos cotiáns dos amigos que nela aparecen, en lugar de facelos interpretar, e cunha cámara que é como unha ollada ávida e amorosa, en constante movemento, na ansia de captar cada pequeno detalle, cada pequeño aceno. O comentario en off, escrito e dito por Kerouc, é un texto totalmente subxectivo, cheo de tenrura e de ironía que, segundo di Douglas Sirk na fermosa serie de emisións que prepara Antonio Drove, “é o pesimismo do humor”. (José Ignacio F. Bourgón, en El otro cine: recuerdo de Josñe Ignacio F. Bourgón, Filmoteca Española, 1989)
- Ano:1959
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jack Kerouac
- Fotografía: Robert Frank
- Montaxe: Robert Frank, Alfred Leslie, Leon Prochnik
- Produtora(s): G-Sting Enterprises, Walter Gutman