Secretos de un matrimonio (Eps 4-5)
Scener ur ett äktenskap (Eps: 4-5)
Liv Ullmann, Erland Josephson, Bibi Andersson, Jan Malmsjö, Anita Wall, Gunnel Lindblom
- 150 minutos
Johan e Marianne reciben a visita duns amigos. Non deixan de discutir, sen que a parella poida mediar con éxito. Cando marchan da casa, Johan e Marianne comezan a repasar o seu matrimonio.
- Ano:1973
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Siv Lundgren
- Produtora(s): Cinematograph AB
Miniserie de televisión sobre a crise dun matrimonio que disparou o índice de divorcios en Suecia
Fundación Ingmar Bergman
O 4 de maio de 1972 o diario sueco Dagens Nyheter anunciaba que, por primeira vez na súa carreira, Ingmar Bergman ía escribir e dirixir unha serie de televisión. “Tematicamente”, Bergman explicaba, “a serie será unha continuación ou adaptación das dúas traxicomedias de clase media que xa escribín para o cine e a televisión, La carcoma e The Lie. Como esas, Escenas dun matrimonio (o título de traballo que se propón) tratará sobre o claro feito de que o ideal burgués de seguridade corrompe as vidas emocionais da xente, socávaas e asústaas”.
“Por que a televisión?”, preguntóuselle a Bergman. “Cando vives en Fårö convérteste nun ávido consumidor. A televisión é simplemente o máis impresionante que existe. Abre todo un mundo. Vexo nela o tempo cada noite, as novas tamén. E encántame a música e os programas de danza, por non mencionar o hóckey sobre xeo. Cando tiveron lugar os campionatos do mundo hai unhas semanas, con seguridade non traballei demasiado na escritura de Escenas dun matrimonio”.
A transición á televisión ía ser case absoluta. Practicamente todos os filmes de Bergman dende Secretos de un matrimonio fixéronse para a televisión, ben fosen series (Cara a cara al desnudo, Fanny y Alexander) ou filmes (La flauta mágica, Saraband). É certo que, por diversas razóns, todas tiveron unha estrea comercial en salas, mais orixinalmente eran para televisión. Como Sven Nykvist dixo: “O que fixo Bergman para a televisión non son simples películas que se poñen na televisión, son películas feitas dende a televisión”. O propio Bergman describía Secretos de un matrimonio coma “un produto de televisión cunha estética superior á habitual”.