Sesión 1
VV.AA, 1967-1976
66'. 16mm
Portrait with Parents (Guy Sherwin | 1974, 3 min), Focus (Peter Gidal | 1971, 7 min), Shepherd's Bush (Mike Legget | 1971, 15 min), Marvo Movie (Jeff Keen | 1967, 5 min), Sync Sound (Mike Dunford | 1974, 10 min), Still Life (Jenny Okun | 1976, 6 min), Deck (Gill Eatherley | 1971, 13 min), Windowframe (Roger Hewins | 1975, 6 min)
Abre a sesión a sinxeleza lírica de Guy Sherwin e o seu retrato cos pais, para logo dar corda ao xogo e á experimentación: Peter Gidal xoga co enfoque e a repetición en Focus; Mike Legget agasállanos cun auténtico trip da escuridade á luz no seu sensorial Shepherd's Bush; Jeff Keen dá conta do desenfreo do Londres dos sesenta e da cultura pop no seu Marvo Movie; Mike Dunford cuestiona todo o que damos por feito no cine desde o humor, comezando polo son en sincronía no seu Sync Sound; a Still Life (natureza morta) de Jenny Okun converte a cor do negativo en positivo como por conxuro; en Deck, Gill Eatherley utiliza a filmación da cuberta dun barco para explotar todas as posibilidades materiais dunha fita de celuloide; e, finalmente, Roger Hewins xoga en Windowframe coa ventá que é a pantalla de cine descompoñéndoa e recompoñéndoa de infinitas maneiras.