Passport to Pimlico/ Pasaporte a Pimlico
Henry Cornelius, 1949
84'. DCP. Subt. Castelán.
PASSPORT TO PIMLICO / PASAPORTE A PIMLICO (Reino Unido, 1949)
Dirección: Henry Cornelius. Guión: T.E.B. Clarke. Intérpretes: Stanley Holloway, Betty Warren, Barbara Murray, Margaret Rutherford. Dur.: 84'.
Tras a detonación dunha bomba da Segunda Guerra Mundial, descóbrense uns restos en Pimlico, un barrio de Londres, entre os que se encontra un vello tratado que os habilita para declarar a independencia. O goberno británico toma cartas no asunto e corta as comunicacións con Pimlico, establecendo controis fronteirizos e obrigando os habitantes a utilizaren o pasaporte.