
Trece badaladas (+ A subela)
Xavier Villaverde, 2002 (+ Luis Avilés, 2002)
129'. 35 mm. Entrada de balde.
TRECE BADALADAS / TRECE CAMPANADAS
(España-Portugal, 2002)
Dirección: Xavier Villaverde. Guión: Curro Royo, Juan Vicente Pozuelo e Xavier Villaverde. Produción: Continental, Castelao Producciones, Ensueño Films, Tornasol, TVG e Take 2000 (Portugal). Fotografía: Javier Salmones. Intérpretes: Juan Diego Botto, Luis Tosar, Marta Etura. Duración: 106 minutos.
Jacobo, un escultor novo volve á súa cidade natal despois de vinte anos de ausencia. A razón do seu regreso é a delicada saúde da nai, hospitalizada nun psiquiátrico. Alí ten reencontros con persoas case esquecidas, que lle axudarán a se enfrontar a uns feitos dos que leva media vida fuxindo. Isto levarao ao centro dun pesadelo sen saída, no que descubrirá algo terrible: é a peza fundamental dun plan enigmático.
Inclúe a curtametraxe A subela (2002) de Luis Avilés.