
León y Olvido (+Amor serrano)
Xavier Bermúdez, 2004 (+Luis Liste, 1999)
129'. 35 mm. Entrada de balde.
LEÓN Y OLVIDO
(España, 2004)
Dirección e guión: Xavier Bermúdez. Produción: El Paso PC SL e Xamalú Filmes. Fotografía: Alfonso Sanz. Intérpretes: Marta Larralde, Guillém Jiménez, Gary Piquer. Duración: 112 minutos.
León e Olvido son dous irmáns xemelgos –el con síndrome de Down– orfos desde hai cinco anos. Como única herdanza conservan a casa en que viven e mais un coche. Están marcados por unha relación contraditoria, entre o agarimo e a lea constante. Premios para Xavier Bermúdez e Marta Larralde en certames como Karlovy Vary, Málaga, Ourense e Toulouse.
Inclúe a curta Amor serrano (1999) de Luis Liste.