![El señor El señor](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2897.png?itok=MFoCnnLh)
El señor
Juan Cavestany, 2012
42'. Vídeo.
EL SEÑOR
(España, 2012)
Dirección, guión, produción e fotografía: Juan Cavestany. Intérpretes: Luis Bermejo, Paloma Mozo. Duración: 42 minutos.
Exemplo significativo de como facer cine hoxe cando hai ganas e ideas. Cavestany recruta un dos actores da compañía teatral Animalario, Luis Bermejo, ámbito de onde procede o propio director –autor con Juan Mayorga de pezas como Urtain ou Penumbra–, e transfórmao nunha sorte de Tati por Carabanchel adiante. Un filme poético, minimalista, pouco menos que mudo e realizado con medios mínimos.