Don’t expect too much
Susan Ray, 2011.
73'. Vídeo. Subt. castelán.
DON’T EXPECT TOO MUCH / [NON AGARDES DEMASIADO]
(Estados Unidos, 2011)
Dirección e guión: Susan Ray. Produción: Oscilloscope Pictures. Fotografía: Peter McCandless. Duración: 70 minutos.
Documental que analiza o tormentoso romance entre Nicholas Ray e Hollywood, o seu exilio europeo auto-imposto e o seu regreso aos Estados Unidos, onde comeza a traballar en We Can't Go Home Again, o testamento fílmico que recuperamos na súa versión restaurada. Empregando materiais inéditos do arquivo de Nicholas Ray e con entrevistas a xentes como Víctor Erice, Jim Jarmusch ou o equipo da súa última película, este filme, dirixido pola viúva de Ray, Susan, traza un retrato revelador da vida, labor e influencia do lendario director.