
Bajo el sol de Satán
Sous le soleil de Satan
Gérard Depardieu, Sandrine Bonnaire, Maurice Pialat
- 103 min.
Palma de Ouro en Cannes para unha adaptación da novela de George Bernanos que describe a decadencia espiritual do cura Donissan, sometido a constantes mortificacións e acosado polo Mal, encarnado pola moza Mouchette e o propio Demo. Axudado polo deán Menou-Segrais, Donissan afronta unha auténtica traxedia metafísica neste filme complexo presidido por unha planificación medida e brillante.
- Ano:1987
- Países de produción: Francia
- Guión: Maurice Pialat e Sylvia Danton, sobre a novela de Georges Bernanos
- Fotografía: Willy Kurant
- Montaxe: Yann Dedet
- Produtora(s): Erato Films, Films A2, Flash Films, Action Films
-
Del mal y la libertad
Martín Cuesta (Cine divergente)
Maurice Pialat: o cinema sen pelellos en dez obras mestras
C. Renard (France Culture), en francés
A vella escola de cineastas: Maurice Pialat
Rémi Fournier Lanzoni
Bajo el sol de Satán (1987) dividiu á crítica á vez que tranquilizaba aos afeccionados co triunfo da prezada Palma de Ouro na cuadraxésima edición do Festival de Cannes de 1987. Dotada dunha austeridade autoconscientemente bressoniana, o selo de Pialat conservou a súa elocuencia esencial, a pesar dunha exposición excesiva -as evidentes vicisitudes do sacerdote abatido que non consegue salvar almas, incluída a súa-. Por primeira vez en nove películas, Pialat enfrontouse a unha adaptación literaria, coa primeira novela de Georges Bernanos. Ata a data, ningunha película francesa recibira a prestixiosa Palma de Ouro desde Un hombre y una mujer (1966), de Claude Lelouch. Cun uso continuo de elipses narrativas, o guión de Pialat examina a caída dun mozo cura rural do norte de Francia que é presa das dúbidas sobre a súa propia vocación espiritual. (...)
A película xerou unha gran polémica, e no Festival de Cannes de 1987, Pialat recibiu a Palma de Ouro baixo os insultos e berros despectivos do público na cerimonia de entrega de premios. El respondeu inmediatamente levantando o puño no aire e dicindo: «Se vous ne m'aimez pas, je peux vous dire que je ne vous aime pas non plus!» [“Se non me queredes, podo dicirvos que eu tampouco!”] baixo o sorriso compasivo, aínda que incómodo, de Yves Montand, presidente do xurado. Para moitos dos seus detractores, o cinema de Pialat resultou demasiado académico, xa que inxectou de moi boa gana a súa propia interpretación da novela, dando como resultado unha película moi afastada da prosa filmada. O que todos os admiradores de Robert Bresson esperaban ver (...) era quizais unha trama narrativa coherente, que pola súa complexidade e profundidade expuxese unha certa elocuencia visual con sincera subxectividade. Para moitos críticos, o retrato estoico de Pilat é un emblema da investigación espiritual de Bernanos, dos esgotadores obstáculos que un forasteiro nato atopa ao comunicar a súa fe. Para eles, trátase simplemente dunha traizón ao legado de Bernanos ou dunha pálida imitación do cinema de Bresson.
Sen concesións, rigorosa e áspera, a adaptación de Pialat da novela de Bernanos é sen dúbida unha película escura, tanto en sentido literal como figurado. Recolle a atmosfera arrepiante pero compasiva e unha loita de mística angustia contra as forzas do mal –moi ao estilo dos filmes de Robert Bresson Diario de un cura rural (1951) e Mouchette (1967), ou mesmo de Le dialogue des carmélites (1960), de Philippe Agostini e Raymond-Léopold Bruckberger– mesturada coa omnipresenza da campiña francesa, baixo ominosos ceos grises que serven para acentuar o dobre sentimento de illamento e a hostil contorna.
De ‘The Old School of Filmmakers: François Truffaut, Bertrand Tavernier, Bertrand Blier, and Maurice Pialat’, por Rémi Fournier Lanzoni, en ‘French Cinema: From Its Beginnings to the Present’ (Continuum, 2002), pp. 313-326.
Tradución propia do inglés.