
El eclipse
Michelangelo Antonioni, 1962
121’. Cine. Subt. castelán.
EL ECLIPSE
(Italia-Francia, 1962)
Dirección: Michelangelo Antonioni. Guión: Michelangelo Antonioni, Tonino Guerra, Elio Bartolin e Ottiero Ottieri. Produción: Interopa Films, Cineriz, Paris Film Production. Fotografía: Gianni Di Venanzo. Intérpretes: Monica Vitti, Alain Delon, Francisco Rabal. Duración: 121 min. Unha moza, Vittoria, rompe co seu amante, o escritor Riccardo. Comeza unha relación cun atractivo corredor de bolsa, Piero. Outro dos títulos clave na contribución moderna de Antonioni, un melodrama estilizado onde a noción de eclipse denota a perturbación da emocionalidade cotián. As liñas de fuga espazo-temporais radicais, como explica o propio director, prefigúranse na experiencia: “Estaba en Florencia para rodar unha eclipse de sol. O silencio, diferente de todos os demais silencios, a luz terrestre e logo a escuridade, a inmobilidade total. Durante a eclipse probablemente se deteñen inclusive os sentimentos, pensei. Dalgún modo, desta sensación naceu El eclipse”. Premio Especial do Xurado en Cannes 1962.