Onde jaz o teu sorriso?
Pedro Costa, 2001.
102’. Vídeo. Subt. Castelán
ONDE JAZ O TEU SORRISO? / OÙ GÎT VOTRE SOURIRE ENFOUI? / [¿DÓNDE YACE TU SONRISA ESCONDIDA?]
(Portugal-Francia, 2001)
Dirección e guión: Pedro Costa, coa colaboración de Thierry Lounas. Produción: AMIP, ARTE, Contracosta e INA, coa colaboración de CNC, ICAM e RTP. Fotografía: Pedro Costa e Jeanne Lapoirie. Duración: 102 minutos.
Segundo Godard, a mellor película feita xamais sobre a relación entre o cine e a montaxe. Costa filma a parella Huillet-Straub na moviola, enfrascados nunha clase maxistral mentres preparan a terceira versión de Sicilia! (1999). Como parte da serie Cineastas / Cinéma, de notre temps, existen dúas versións, debido a que ARTE empregou unha máis breve, o que orixinou un enfrontamente con Costa. Ofrecemos a versión axustada á vontade do autor. A película resultante crea un paralelismo co traballo da singular parella, enchéndose con sutileza de reflexións sobre conceptos e cuestións artísticas. Así, como ben lembra o escritor cinematográfico Xurxo González preséntase a relación imaxe-son, a verosimilitude, a manipulación de textos ou os problemas de posta en escena mentres xorde a evocación doutros grandes mestres (Rouch, Hitchcock, Snow, Dreyer, Moizoguchi ou Renoir) e mesmo observamos a habilidade de Costa para moverse en espazos opresivos e minimos. Un traballo apaixonante e imprescindible.