
HISTORIAS EXTRAORDINARIAS
Mariano Llinás, 2008
245´. Vídeo. Presentación a cargo do crítico arxentino Javier Porta Fouz. Entrada gratuíta.
HISTORIAS EXTRAORDINARIAS
(Arxentina, 2008)
Dirección e guión: Mariano Llinás. Produción: El Pampero Cine. Fotografía: Agustín Mendilaharzu. Intérpretes: Walter Jakob, Agustín Mendilaharzu, Mariano Llinás. Duración: 245 minutos.
O autor de Balnearios (2002) e El humor (pequeña enciclopedia ilustrada) (2006) filma tres películas nunha: tres historias (extraordinarias) que potencian a unidade irredutible de cada unha delas. Unha labiríntica trama de traizóns e encubrimentos con identidades múltiples e un botín de ouro desaparecido; unha aposta que remata cun investigador de misteriosos monolitos e a obsesión dun home pola persoa que o antecedeu no seu traballo. A construción dun Bos Aires reserva de mitos serve de alimento a un filme intelixente, que combina sentido narrativo, apoloxía da ficción creadora e doses de humor.