TRES DÍAS CON LA FAMILIA
Mar Coll, 2009
86´. Subtítulos en castelán.
TRES DIES AMB LA FAMILIA / TRES DÍAS CON LA FAMILIA
(España, 2009)
Dirección: Mar Coll. Guión: Mar Coll e Valentina Viso. Produción: ESCAC, Escándalo Films S.L., TV3 e TVE. Fotografía: Neus Ollé. Intérpretes: Nausicaa Bonnín, Eduard Fernández. Duración: 86 minutos.
Léa vai ata Xirona, onde o seu avó materno acaba de falecer. De trato inexistente coa súa familia grazas á súa marcha ao estranxeiro, a obrigada convivencia pola morte do patriarca durante tres días amosa ben ás claras a hipocrisía moral e conservadorismo dese mundo que a Léa tanto lle repele. Unha das vetas constantes e máis ricas da historia do cine español, o drama íntimo e a disección do microcosmos familiar, para un título premiado –sobre todo Mar Coll e a actriz protagonista Nausicaa Bonnín- en varios certames e nos premios Goya, favorecido pola sempre impagable aparición de Ramón Fontserè.