
L´EDEN ET APRÈS
Alain Robbe-Grillet, 1970
111´. Subtítulos en castelán.
L´EDEN ET APRÈS
(Francia-Checoslovaquia, 1970)
Dirección e guión: Alain Robbe-Grillet. Produción: Como Film e Studio Hranych Filmov Bratislava. Fotografía: Igor Luther. Intérpretes: Catherine Jourdan, Lorraine Rainer. Duración: 111 minutos.
Un turbio grupo de mozos universitarios reúnese todas as tardes no bar "Edén", onde se presenta un estraño personaxe. O individuo dálle a probar á moza protagonista unha droga africana e a narración fragméntase: secuencias oníricas, unha viaxe a Túnez, unha intriga sobre un cadro roubado,…, todo acontece nunha atmosfera enigmática e chea de desasosego. Participante no Festival de Berlín.