![LA CIÉNAGA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/1-la-cienaga-de-2001.-el-primer-largometraje-de-de-lucrecia-martel-fue-elegida-por-los-especialistas-como-la-mejor-pelicula-de-la-historia-del-cine-argentino.jpg?itok=rglKzxdS)
LA CIÉNAGA
Lucrecia Martel, 2000
103´.
LA CIÉNAGA (Arxentina-España, 2001) Dirección e guión: Lucrecia Martel. Produción: Lita Stantic para Cuatro Cabezas Films. Fotografía: Hugo Colace. Intérpretes: Mercedes Morán, Graciela Borges, Martín Adjemián. Duración: 103 minutos. A descomposición parece o destino da familia Borges, membros dunha burguesía arxentina de provincias en decaemento, cando nos atopamos nos últimos días dun verán. A súa casa orixinaria e a piscina podre presaxian o peor: Mecha, a nai alcoholizada, intentou suicidarse e a curmá Tali vén desde Bolivia a visitala. En medio dun clima húmido e asfixiante, a modo de saga familiar, artéllase a mellor representación do declive da sociedade (arxentina). A conmoción causada desde os primeiros e inesquecibles planos –elocuente narración de zombis ciscados- desvela un título onde os mellores achados e trazos do cine de Martel xa aparecen.