
LES ANNÉES 80
Chantal Akerman, 1983.
79´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
LES ANNÉES 80
(Bélxica-Francia, 1983)
Dirección: Chantal Akerman. Duración: 79 minutos.
Chantal Akerman prepara un filme: traballa cos actores (entre eles Aurore Clement), compón as coreografías e rima as cores, ensaia os planos, dirixe a interpretación musical, canta. Non é unha película preparatoria de Golden Eighties, senón unha película sobre o cine facéndose, un documental sobre o traballo e unha ficción sobre o amor.