 
      PONT DE VARSÒVIA
        Pere Portabella, 1989  
                107´. Entrada gratuíta.
PONT DE VARSÒVIA
(España, 1989)
Dirección: Pere Portabellla. Guión: Carles Santos, Octavi Pellissa e Pere Portabella. Produción: Films 59, coa colaboración de TVE. Fotografía: Carles Pladevall. Intérpretes: Carme Elías, Francisco Guijar, Jordi Dauder. Duración: 85 minutos.
A aparición dun escafandrista morto nun bosque queimado e o relato dun  cobizado premio literario, gañado pola narración “Pont de Varsòvia”, facilitan o regreso ao cine de Portabella, logo dunha dilatada experiencia política. Máis conceptual que narrativa, obra aberta cun enlace azaroso de elementos e personaxes, a música e outras formas artísticas intégranse como elemento configurador do filme.
 
                                