
ALREDEDOR DE LAS SALINAS
Jacinto Esteva, 1962
22´. Entrada gratuíta.
ALREDEDOR DE LAS SALINAS / AUTOUR DES SALINES
(España, 1962)
Dirección e guión: Jacinto Esteva. Produción: Films 59 e CineStudio SA. Fotografía: Francisco Marín. Duración: 22 minutos.
Docudrama localizado en Ibiza en torno a un grupo de traballadores das salinas que prefigura compoñentes e motivos (entre eles a análise dos ritos populares) que Esteva desenvolve na perdurable “Lejos de los árboles” (1963-1970). Produción de Portabella filla do cinéma-vérité de Morin e Rouch, permanece como unha irónica posta do revés das campañas de turismo franquistas ao tempo que amosa mecanismos de funcionamento de sentido, inserindo unha ficción manipulada.