
OUBLIER CHEYENNE
Valérie Minetto, 2004.
90´. Subtítulos en castelán.
OUBLIER CHEYENNE
(Francia, 2004)
Dirección: Valérie Minetto. Guión: Valérie Minetto e Cécile Vargaftig. Fotografía: Stephan Massis. Produción: Bandoneon. Intérpretes: Mila Dekker, Aurélia Petit, Malik Zadi. Duración: 90 minutos.
Cheyenne, unha moza xornalista á quen se lle acaba o paro decide marchar de París para levar unha vida apartada no campo. Deixa abandonada a muller que ama, Sonia, profesora de física e química nun Instituto de París. Sonia fai todo o que pode para esquecela, pero non pode. Fábula moderna sobre a precariedade laboral, as mutacións persoais e o amor.