EL HOMBRE DEL OESTE
Anthony Mann, 1958.
100´. Subtítulos en castelán.
MAN OF THE WEST/ EL HOMBRE DEL OESTE
(Estados Unidos, 1958)
Dirección: Anthony Mann. Guión: Reginald Rose. Produción: Ashton e United Artists. Fotografía: Ernest Haller. Intérpretes: Gary Cooper, Julie London, Lee J. Cobb, Arthur O´Connell. Duración: 100 minutos.
Link Jones viaxa a Fort Worth na procura dunha mestra para a pequena vila de Texas na que reside. O tren é asaltado e vese obrigado a sobrevivir no deserto. Atopa unha cabana e, para a súa sorpresa, os asaltadores son membros da súa familia. Fantasmal narración de influencia decisiva nos autores dos Novos Cines, auténtica reactualización da moralidade, a dualidade e a violencia ancestral que afloran no cine do oeste, onde Mann substitúe o rostro habitual de James Stewart por un magnífico e crepuscular Gary Cooper.