CRIMES OF THE FUTURE
David Cronenberg, 1970
65´. Subtítulos en galego.
CRIMES OF THE FUTURE
(Canadá, 1970)
Dirección, guión, fotografía: David Cronenberg. Produción: Emergent Films, coa colaboración de Canadian Film Development Corporation (CFDC). Intérpretes: Ronald Mlodzik, Jon Lidolt, Tania Zolty, Jack Messinger. Duración: 65 minutos.
Millóns de mulleres pospúberes morren do mal de Rouge, unha enfermidade causada polos cosméticos e descuberta por un dermatólogo tolo que acaba de desaparecer, o doutor Antoine Rouge, dono da clínica “A Casa da Pel”. O seu discípulo Adrian Tripod intenta seguir os seus pasos e contacta cun grupo de pedófilos heterosexuais noutra parábola futurista que amosa a cohesión da obra do director canadense.