SALVE QUIEN PUEDA (LA VIDA)
Jean-Luc Godard, 1979.
87´. Subtítulos en castelán.
SAUVE QUI PEUT (LA VIE) / SALVE QUIEN PUEDA (LA VIDA)
(Francia-Suiza-Alemaña-EE.UU., 1979)
Dirección: Jean-Luc Godard. Guión: Jean-Luc Godard, Jean-Claude Carrière e
Anne-Marie Miéville . Produción: CDIC, MK2 Productions, Sara Films, Sonimage, TSR, Zoetrope Studios, ZDF, ORF. Fotografía: William Lubtchansky, Renato Berta, Jean-Bernard Menoud. Intérpretes: Isabelle Huppert, Jacques Dutronc, Nathalie Baye, Fred Personne, Roland Amstutz. Duración: 87 minutos.
Denise Rimbaud deixa o seu traballo na televisión para disfrutar do aire de montaña. O seu amigo Paul teme deixar a cidade e tamén que Denise o abandone. Isabelle, unha campesiña que chega á urbe para vender o seu corpo preséntase para alquilar o apartamento que Denise quere deixar. Paul se atopa entre estas dúas mulleres, preto dun lago de montaña. Memorable emparellamento de Huppert no papel de prostituta, con outra das grandes actrices galas, Nathalie Baye, no filme que marca o inicio doutra fructífera etapa na obra de Godard.