
EL DÍA DE LA BESTIA
Alex de la Iglesia, 1995.
103’.
EL DÍA DE LA BESTIA (España-Italia, 1995) Dirección: Alex de la Iglesia. Guión: Jorge Guerricaechevarría e Alex de la Iglesia. Produtor: Andrés Vicente Gómez. Produción: Iberoamericana Films Producción, Sogetel, MG (Italia). Fotografía: Flavio Matínez Labiano. Intérpretes: Alex Angulo, Santiago Segura, Armando de Razza, Terele Pávez, Nathalie Seseña. Duración: 103 minutos. O Anticristo vai nacer en Madrid no Nadal de 1995. Un sacerdote, un presentador de televisión e un heavy (heroes, Carlos Aguilar dixit, representantes do inquietantemente próximas que están a loucura, a farsa e a estupidez) unen as súas forzas para evitalo. A película máis redonda de Alex de la Iglesia, unha comedia de acción merecedora de seis premios Goya, sublimación da técnica colaxe, o humor negro e a socioloxía certeira, que superpón motivos derivados (ou non) da cultura popular.
-
-
As xeracións do cine español
EL DÍA DE LA BESTIA
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Entrada gratuíta. Mesa redonda posterior moderada por Miguel Rubio.