
THE ADVENTURES OF IRON PUSSY
Apichatpong Weerasethakul, 2003
90’. Vídeo. Subtítulos en galego.
THE ADVENTURES OF IRON PUSSY / HUA JAI TOR RA NONG
(Tailandia, 2003)
Dirección e guión: Apichatpong Weerasethakul e Michael Shaowanasai. Produción: Kick the Machine. Produtor: Pheeraya Prommachat. Fotografía: Surachet Thongme. Intérpretes: Siriyakorn Pukkavesh, Michael Shaowanasai, Krissada Terrence. Duración: 90 minutos.
Unha divertida comedia musical que recupera a un heroe do cine tailandés, o axente secreto travestí Iron Pussy (Cona de Ferro), unha sátira da industria do sexo do país creación do actor Michael Shaowanasai. A superheroína Iron Pussy, antiga gogó, acepta unha misión secreta nunha remota mansión onde non só descobre actividades ilegais senón que, para a súa sorpresa, tamén atopa o amor.