LEMMINGS, SEGUNDA PARTE: FERIDAS
Michael Haneke, 1979
107’. Vídeo. Subtítulos en galego.
LEMMINGE, TEIL 2. VERLETZUNGEN [LEMMINGS, SEGUNDA PARTE. FERIDAS]
(Austria-Alemaña, 1979)
Dirección e guión: Michael Haneke. Produción: Schönbrunn-Film, Sender Freies Berlin (SFB), Österreichischer Rundfunk (ORF). Fotografía: Jerzy Lipman. Intérpretes: Elfriede Irrall, Monika Bleibtreu, Rüdiger Hacker, Norbert Kappen, Guido Wieland, Vera Borek, David Haneke. Dur.: 107 min.
Siggi, asfixiado pola indiferenza de seu pai, destrúe un coche. Ao día seguiente invítano a unha festa onde descobre que ese coche era propiedade dos pais da anfitrioa. Horrorizado, regresa bébedo á súa casa e ocúltase desesperado. Produción para televisión.