
EL DESENCANTO
Jaime Chávarri, 1976
95’
EL DESENCANTO
(España, 1976)
Dirección e guión: Jaime Chávarri. Produción: Elías Querejeta P.C. Fotografía: Teo Escamilla. Con: Felicidad Blanc, Leopoldo, Juan Luis e Michi Panero. Dur.: 95 min.
Fascinante sublimación de egos nun documental estruturado como unha novela familiar na que os literatos Panero exorcizan a figura dun pai emblemático. A complexidade dos afectos, o descarnado papel da loucura, o sorprendente e axustado valor social, parabólico e narrativo, a presenza dunha nai auténtico animal cinematográfico, explican o brillo desta desgarradora viaxe aos restos dun final de raza que tería en 1994 unha demoledora prolongación. A familia Panero chegou a recibir un premio cinematográfico pola súa interpretación...