NIÑO NADIE
José Luis Borau, 1997
86'
NIÑO NADIE (España, 1997) Dirección e guión: José Luis Borau. Produción: El Imán, coa participación de TVE e Canal Plus. Fotografía: Antonio Pueche. Intérpretes: Rafael Álvarez “El Brujo”, Icíar Bollaín, Pedro Alonso, Adriana Ozores, José María Caffarel. Dur.: 86 min. Un home parte na procura do sentido da vida apoiado nun peculiar pensador a quen admira. Sempre honesto e imprevisible, Borau presenta unha fábula artellada sobre unha miscelánea de temas, reflexións e personaxes expresada cunha mirada distanciada (que non despreocupada) e un ton por momentos grotesco que provén dun proxecto anterior, Gatuperio.