LE DIABLE BOITEUX
Sacha Guitry, 1948
120’. Subtítulos en Galego
LE DIABLE BOITEUX [O DEMO COXO]
(Francia, 1948)
Dirección e guión: Sacha Guitry. Produción: Union Cinématographique Lyonnaise, Gaumont, Mugeli. Fotografía: Nicolas Toporcoff. Intérpretes: Lana Marconi, Sacha Guitry, Jeanne Fusier-Gir, Emili Drain, Maurice Teynac. Dur.: 120 min.
A película narra as traizóns que Talleyrand cometeu primeiro contra a Revolución por Napoleón e despois contra Napoleón pola Restauración, baixo o lema de servir sempre a patria.