Contextos
Do 1 de xaneiro de 2016 ao 24 de febreiro de 2016
Baixo a epígrafe de Contextos presentamos unha nova sección cuxa pretensión é pór en relación significativas películas actuais con outros títulos ben contemporáneos ou ben clásicos. Comezamos este pequeno xogo con dúas das mellores estreas de 2015, The Assassin, de Hou Hsiao-Hsien, e Phoenix, de Christian Petzold, a primeira confrontada con outras dúas aproximacións autorais ao xénero do wu-xia, as dúas asinadas por Wong Kar-wai; a segunda propón un itinerario a través de dous precedentes, o ambiental (o Berlín da posguerra retratado por Billy Wilder en Berlín Occidente) e o temático (a reencarnación dunha muller dada por morta en Vértigo, de Hitchcock, da que a película de Petzold é un nada disimulado remake).