Cine e Ciencia (I)
Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de outubro de 2008
En colaboración coa I Mostra de Ciencia e Cine.
O CGAI inicia unha colaboración coa I Mostra de Ciencia e Cinema, que se celebra na cidade da Coruña entre os días 22 e 25 de outubro, organizada pola Asociación “Amigos Casa de las Ciencias” e baixo patrocinio de diversas institucións. A Mostra terá como nexo temático a fascinación polo ceo, unha circunstancia que permitirá visionar e estrear nos vindeiros meses material heteroxéneo e valioso. Comezamos por un dos atractivos títulos últimos do xermano Werner Herzog e un clásico perenne da ciencia-ficción, Planeta prohibido.

THE WILD BLUE YONDER
Werner Herzog, 2005.

PLANETA PROHIBIDO
Fred M. Wilcox, 1956.