No profanar el sueño de los muertos
Jorge Grau, 1974.
89'. Vídeo. Entrada de balde.
NO PROFANAR EL SUEÑO DE LOS MUERTOS / NON SI DEVE PROFANARE IL SONNO DEI MORTI
(España-Italia, 1974)
Dirección: Jorge Grau. Guión: Sandro Continenza, Muncello Boscia, Juan Cobos e Miguel Rubio. Produción: Flaminia Produzioni Cinematografiche e Star Films S.A. Fotografía: Francisco Sempere. Intérpretes: Cristina Galbó, Raymond Lovelock, Arthur Kennedy. Duración: 88 minutos.
Os mortos dunha morgue inglesa próxima a unha abadía de Manchester volven á vida a causa dun experimento do goberno que emprega ultrasons para combater a contaminación. Isto provoca que os insectos da zona toleen e comecen a se devoraren os uns aos outros. Os mortos saen das súas tumbas con fame e sede de vinganza. Fábula apocalíptica que transita polo cine de zombis, dirixida coa súa habitual habilidade por un Jorge Grau acabado de saír de Ceremonia sangrienta e moi capaz de eludir a mera imitación do estilo de George A. Romero. O ritmo, a pericia narrativa e un conxuntado e peculiar reparto, que inclúe ao gran Arthur Kennedy e unha apetitosa reunión de actores secundarios hispanos (Pepe Ruiz Lifante, Joaquín Hinojosa, Fernando Hilbeck ou Jeannine Mestre), confiren a este clásico enorme forza e atractivo. Premiada en Sitges 1974 e galardón do Círculo de Escritores Cinematográficos a Jorge Grau como director.