
Night on Earth / Noche en la Tierra
Jim Jarmusch, 1991
129'- DCP. Subt. Castelán
Night on Earth / Noche en la Tierra
(Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Alemaña, Xapón, 1991)
Dirección e guión: Jim Jarmusch. Fotografía: Frederick Elmes. Intérpretes: Winona Ryder, Gena Rowlands, Isaach de Bankolé, Roberto Benigni. Dur: 129'.
Cinco historias enlazadas de taxistas que, ao conduciren de noite, se atopan con persoas de toda pelaxe e condición. As cidades escolleitas son Os Ánxeles, Nova York, París, Roma e Helsinki. Jarmusch fílmaas con beleza, mais decide centrarse sobre todo nas almas que ocupan os vehículos. Entre os actores, encontramos vellos coñecidos do director como Roberto Benigni (Bajo el peso de la ley) ou outros que acabarán por ser fieis colaboradores, como Isaach Bankolé (Coffee & Cigarettes, Los límites del control). A banda sonora foi composta principalmente por Tom Waits, tamén habitual de Jarmusch nos seus primeiros traballos, e un dos referentes do rock indie estadounidense nos anos oitenta e noventa.