NADIE SABE
Kore-eda, 2004
141´. Subtítulos en castelán.
DARE MO SHIRANAY / NADIE SABE
(Xapón, 2004)
Dirección e guión: Hirokazu Kore-eda. Produción: TV Man Union, Engine Film Inc, Bandai Visual Co., Cine Qua Non Films e C-style. Fotografía: Yutaka Yamasaki. Intérpretes: Yuya Yagira, Ayu Kitaura, Hiei Kimura. Duración: 141 minutos.
Catro irmáns cativos viven con súa nai nun pequeno piso de Toquio. Son fillos de diferentes pais e nunca foron á escola. Nin sequera o propietario do piso sabe da súa existencia. A nai desaparece deixando poucos cartos e o irmán máis vello vese obrigado a coidar de todos. Premio en Cannes á mellor interpretación masculina para o excepcional actor adolescente Yuya Yagira nun rigoroso retrato da sabedoría da infancia inspirado en feitos reais e influído por obras como “Los cuatrocientos golpes” ou “Kes”.