MY SUMMER OF LOVE
Pawel Pawlikowski, 2004
86´. Subtítulos en galego.
MY SUMMER OF LOVE
(Gran Bretaña, 2004)
Dirección e guión: Pawel Pawlikowski. Fotografía: Ryszard Lenczewski. Produción: Apocalypso Pictures e BBC Films. Intérpretes: Nathalie Press, Emily Blunt, Paddy Considine. Duración: 86 minutos.
Verán en Yorkshire cunha casa encantadora e dúas mozas como únicas ocupantes. Mona e Tamsin son ben diferentes pero atráense cunha paixón absorbente e obsesiva que exclúe ao resto do mundo. Mentres Tamsin é rica, consentida, caprichosa, tráxica e cunha fantasía rebordante, Mona vive co xusto e ten talante de supervivente, así como enxeño afiado e ferinte. A súa relación vese marcada polo irmán de Mona, un estraño personaxe que intenta redimir a súa existencia coa relixión e salvar a humanidade (incluídas elas). Bafta 2005 á mellor película británica.