As muxicas
Carlos Alberto Alonso, 2002.
17’. Vídeo. Entrada gratuíta.
AS MUXICAS
(2002)
Dirección e guión: Carlos Alberto Alonso. Argumento: Mia Couto. Produción: Txiki Calvo / Grup Cinema Art, CECC. Fotografía: Roberto Escudero. Intérpretes: Fely Manzano, Tucho Lagares, Manuel Lourenzo (voz). Dur.: 17 min.
Galicia, arredor de 1920. Unha parella de anciáns vive afastada da civilización na súa humilde casa. Un día o home decide comezar a cavar un burato para enterrar nel a súa muller, cando ela morra. Ela pídelle que o deixe, pero el teima en que a morte está preto para ela.