MULLERES DA RAIA
Diana Gonçalves, 2009.
42´. Vídeo. Presentación a cargo da súa autora e o profesor da Universidade da Coruña José María Cardesín. Entrada gratuíta.
MULLERES DA RAIA
(España, 2009)
Dirección, guión, fotografía e produción: Diana Gonçalves. Duración: 42 minutos.
Unha viaxe ás fronteiras do norte de Portugal e Galicia transpórtanos ao noso pasado máis recente, o contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. A raia, como popularmente é coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia e as súas mulleres son testemuñas.