![MUERTE DE UN PICHÓN MUERTE DE UN PICHÓN](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1864.jpg?itok=sBWuMqhH)
MUERTE DE UN PICHÓN
Samuel Fuller, 1973
105´. Vídeo. Subtítulos en galego.
KRESSIN UND DIE TOBE TAUBE IN DER BEETHOVENSTRASSE / DEAD PIGEON ON BEETHOVEN STREET / MUERTE DE UN PICHÓN
(Alemaña, 1973)
Dirección e guión: Samuel Fuller. Produción: Bavaria Atelier, Chrisam Productions e Westdeutscher Rundfunk. Fotografía: Jerzy Lipman. Intérpretes: Glenn Corbett, Christa Lang. Duración: 105 minutos.
Unha banda de chantaxistas asasina a un detective americano en Bonn, na Beethovenstrasse. O seu compañeiro, Sandy, viaxa ata alí para vingarse. Experiencia alemá de Fuller coa súa compañeira Christa Lang como actriz, unha homenaxe ao seu querido Beethoven, a revisión de títulos do pasado como La casa de bambú ou Underworld USA, humor negro, estrutura narrativa circular e música de Can.