MR. DEATH: THE RISE AND FALL OF FRED A. LEUCHTER JR.
Errol Morris, 1999.
91’. Vídeo. Subtítulos en galego.
MR. DEATH: THE RISE AND FALL OF FRED A. LEUCHTER JR.
(Estados Unidos, 1999)
Dirección e guión: Errol Morris. Fotografía: Peter Donahue. Produción: Michael Williams, David Collins, Dorothy Aufiero. Dur.: 91 min.
Parece complicado presentar un suxeito máis impopular ca Fred A. Leuchter, un cafeinómano deseñador de equipamentos compasivos aplicados para execucións de penas capitais nos Estados Unidos e investigador que acaba nada menos que negando o Holocausto xudeu seguindo un encargo do editor filonazi Ernst Zündel. Estampas inesquecibles permiten unir banalidade e horror nun vibrante biopic perfilado por un terror en aumento conducido unha vez máis polo respecto e a falta de xuízo moral.