
THE MOZART MINUTE
Varios autores, 2006
30´. Vídeo / Cine. Subtítulos en galego.
THE MOZART MINUTE
(Austria, 2006)
Dirección, guión e fotografía: Varios autores. Produción: Sixpack Film (Austria). Duración: 30 minutos.
O ano de Mozart, celebrado en toda Europa e en Austria especialmente, foi a homenaxe que rendía tributo á vida e obra do xenio da música. Neste contexto propúxoselles a 28 cineastas austríacos (entre eles cineastas tan destacados como Ulrich Seidl, Gustav Deutsch ou Michael Glawogger), procedentes do campo da animación, documental e ficción, a creación de pezas curtas cun único requisito: a súa duración sería dun minuto exacto.