
MOVIMENTOS PERPETUOS. CINE-TRIBUTO A CARLOS PAREDES
Edgar Pêra, 2006
70´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
MOVIMENTOS PERPETUOS. CINE-TRIBUTO A CARLOS PAREDES
(Portugal, 2006)
Dirección, guión e fotografía: Edgar Pêra. Produción: Corda Seca. Duración: 70 minutos.
Documental en 17 movementos no que as testemuñas e a guitarra definen o xenio, coraxe e modestia de Carlos Paredes. Viaxe emocional a través da súa música e compromiso, polo que Peras establece un diálogo entre unha guitarra e unha cámara de súper 8, nunha estética que evoca a memoria de antigas películas familiares, cheas de intimidade revelada en porcións de pequenas historias de vida.