MOOLAADÉ
Ousmane Sembene, 2004.
120’. Subtítulos en castelán. Entrada gratuita.
MOOLAADÉ / MOOLAADÉ (PROTECCIÓN)
(Senegal-Burkina Faso-Marrocos-Túnez-Camerún-Francia, 2004)
Dirección e guión: Sembene Ousmane. Fotografía: Dominique Gentil. Intérpretes: Fatoumata Coulibaly, Maïmouna Hélène Diarra, Salimata Traore, Animata Dao, Dominique T. Zeida, Mah Compaore. Dur.: 120 min.
O ritual de purificación organízase cada sete anos e no seu transcurso as rapazas da vila son sometidas á escisión do clítoris. Cando chega o momento da cerimonia catro rapazas foxen para non sufrir a mutilación e buscan protección nunha muller, Colle, que xa salvara do ritual a súa filla. Premio á mellor película de Un Certain Regard en Cannes 2004.