Montoneros. Una historia (1994) (+ Reconstruyen crimen de la modelo, 1990)
Andrés Di Tella, 1990-1994
94'. Vídeo
Reconstruyen crimen de la modelo, Andrés Di Tella, Arxentina, 1990, 8'.
MONTONEROS. UNA HISTORIA
(Argentina, 1994)
Dirección: Andrés di Tella. Guión: Roberto Barandalla, Andrés Di Tella. Fotografía: Fabián Hofman. Dur.: 90'.
Primeiro documental sobre a organización guerrilleira que marcou a lume a xeración dos 70. Desde a aventura heroica dos comezos ata o “proceso de recuperación” dos sobreviventes no soto dun campo de concentración. “Apoiándose nunha investigación rigorosa, en raras imaxes de arquivo e nunha precisa intelixencia para a recompilación de testemuños, o filme asedia os seus materiais ata obter deles algunha revelación sobre un pasado que adoita prestarse a idealizacións rápidas. Aquí, porén, sen grandilocuencias, toda unha épica da violencia é posta en cuestión cando é observada desde as desventuras íntimas de Ana e enunciada en presente pola cámara de Di Tella. “As explicacións perderon moita convicción e os cadáveres seguen impresionando”, di o realizador. En efecto, a imaxe que xorde dese pasado, próximo e distante á vez, permite revisar baixo outra luz as utopías, as paixóns, a dor e as ideas dunha época; mais tamén o horror dunha lóxica das armas que algunha vez pareceu inelutable e que hoxe só resulta desatinado.” (David Oubiña, Cine y compromiso en Argentina)